A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Política Social, otorgou unha axuda á  Asociación Down Compostela para desenvolver o proxecto “RE-CRE-ARTE NO LECER”, que consta de tres actividades, “Creando teatro”, “Participa! Únete ao deporte” e “Obradoiro de expresión artística e musical”  dirixidas a persoas coa síndrome de Down e/ou dicapacidade intelectual de entre 16 e 35 anos de idade.

Contía da achega: 5.000€ Financiado pola Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Breve descrición do proxecto: Esta modalidade de intervención ten a finalidade de fomentar e proporcionar experiencias innovadoras, motivadoras, participativas e vitais, de achegamento a contornos e contidos culturais e normalizados que aportan un valor engadido ao mero disfrute do tempo de lecer, onde os/as participantes son os/as propios/as protagonistas, constituíndo parte activa e fundamental das actividades.

Obxectivo xeral do proxecto:Fomentar nos rapaces e rapazas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual a súa inclusión social e o desenvolvemento de habilidades sociais, hábitos saudables, autonomía e independencia para a xestión, disfrute e participación activa en actividades culturais, deportivas e de lecer.