A Consellería de Edonomía, Emprego e Industria ven de cofinanciar, xunto con Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil o programa Mellora da calidade de vida e oportunidades para persoas adultas’ da Fundación DOWN COMPOSTELA.

Contía da achega: 22.054,656 € Financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e cofinanciado polo Fondo Social Europeo no ámbito do programa operativo de Emprego xuvenil.Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Eixe prioritario 5, Prioridade de investimento 8.2,Obxectivo específico 8.2.4, Medida 8.2.4.2.

Breve descrición do proxecto:

Posto de monitor deportivo para persoas adultas con discapacidade intelectual:

O que se pretende é cubrir unha demanda das familias, dos usuarios da Fundación e unha necesidade detectada polo equipo multidisciplinar: a vida sedentaria e a escasa actividade física das persoas adultas da área de Formación e Emprego. Preténdese que unha persoa con formación deportiva deseñe un programa piloto de actividade física impartido dentro das sesións ás que asisten os usuarios maiores de 18 anos coa finalidade de pouco a pouco a pouco integren no seu coñecemento a importancia de evitar unha vida sedentaria e os beneficios da realización da actividade física, así como a motivación para facela.

Posto de axudante/ordenanza reservado para unha persoa con discapacidade intelectual

Igual que na nosa Fundación existen persoas que cumpren cos requisitos do programa de Garantía Xuvenil, hai outras moitas persoas con discapacidade intelectual que tamén o fan. A esas persoas son ás que queremos darlles unha oportunidade de beneficiarse dunha experiencia profesional, sabendo o importante que isto é para eles e todos os beneficios que pode aportar, tanto para a persoa, como para nós como Fundación. As tarefas asignadas serán: Atención telefónica, reparto de correo e paquetería, recados fóra da entidade (rexistro, correos, papelería…), tarefas administrativas básicas (elaboración de carteis, listados, avisos…), arquivo de documentación, fotocopias, recepción e atención a persoas, etc.

Obxectivo xeral do proxecto:

Con estas dúas contratacións preténdese que as persoas adultas usuarias da Fundación Down Compostela integren nas súas vidas hábitos de vida saudables, e por outra banda, coa contratación da persoa vinculada ó posto de ordenanza, queremos ofrecer unha oportunidade laboral a unha persoa coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual, que ó mesmo tempo cubra unha necesidade detectada na Fundación.