A Fundación Down Compostela desenvolve o proxecto¿Queres colaborar? ¡Nós tamén!, que nace da participación voluntaria coa realización de todas cantas actividades contribúan a formación do voluntariado e ten como finalidade ampliar os coñecementos e habilidades das persoas voluntarias que colaboran coa Fundación. Para a execución deste proxecto, Down Compostela conta este ano cunha achega da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e a cofinanciación do Fondo Social Europeo.
Contía da achega: 1.571,92 Financiado pola Consellería de Política Social e cofinanciado polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020.
Breve descrición do proxecto: A Fundación Down Compostela ten unha serie de programas (ocio, formación, autonomía…) para os que resulta imprescindible contar coa participación das persoas voluntarias, xa que doutro xeito non sería posible o seu desenvolvemento. Os resultados acadados ata o momento non poden ser máis satisfactorios por iso consideramos unha necesidade darlle continuidade o noso voluntariado incidindo na relevancia dunha formación plena e axeitada.
Obxectivo xeral do proxecto: Dar formación ás persoas voluntarias coa fin de proporcionarlles os coñecementos necesarios sobre a realidade das persoas con síndrome de Down, así como da estrutura, filosofía, valores e principios de traballo que se aplican na nosa entidade.