
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia vén de financiar o proxecto da Asociación Down Compostela Re-Cre-Arte no lecer cunha achega de 5.000 a través das axudas enmarcadas no programa de Iniciativa Xove.
A finalidade do proxecto Re-cre-arte no lecer é fomentar e proporcionar experiencias innovadoras, motivadoras, participativas e vitais, de achegamento a contornos e contidos culturais e normalizados que aportan un valor engadido ao mero disfrute do tempo de lecer, onde as persoas participantes son as protagonistas, constituíndo parte activa e fundamental das actividades (non só na súa execución senón tamén na súa planificación).
A importancia deste proxecto reside en seguir avanzando na normalización da vida social dos nosos mozos e mozas con Síndrome de Down ou discapacidade intelectual, fomentando, ao mesmo tempo, actitudes participativas e activas na sociedade e contribuíndo á mellora da súa autonomía.
Re-cre-arte no Lecer comprende 2 actividades: Creando Teatro (dende o 01/01/2023 ata o 06/10/2023) e Viaxe Cultural e Coñecemento da Contorna (realizarase entre o 01/06/2023 e o 06/10/2023).
Obxectivos do proxecto:
Obxectivo Xeral:
Fomentar nos rapaces e rapazas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual a súa inclusión social e o desenvolvemento de habilidades sociais, autonomía e independencia para a xestión, disfrute e participación activa en actividades culturais, de achegamento á contorna e de lecer.
Obxectivos Específicos:
- Animar ao diálogo e á demanda de necesidades e intereses a través da proposta de actividades.
- Proporcionar actividades culturais, de coñecemento da contorna e de lecer entre os mozos e mozas beneficiarios/as do Proxecto.
- Fomentar a participación das persoas usuarias nas actividades do Proxecto.
- Favorecer a capacidade de elección e a toma de decisións dos/as beneficiarios/as do Proxecto.
- Potenciar as súas habilidades sociais, motrices, cognitivas, comunicativas e de autonomía.
- Favorecer a visibilidade e capacidades das persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual.