A Deputación da Coruña concedeu unha achega de 2.201,25 euros para mellorar o equipamiento e a actualización de medios do SEPAP da FUNDACION DOWN COMPOSTELA.

Breve descrición da actuación:

A axuda foi destinada a realizar investimento en equipamento e medios teconolóxicos e informáticos para a mellora do SEPAP (Servizo de Promoción da Autonomía Persoal) da Fundación Down Compostela.

O SEPAP abrangue un conxunto de recursos que procuran as habilidades sociais, académico-funcionais e adaptativas precisas para que as persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual, incrementen os seus niveis de autonomía, a través de diferentes programas de intervención en función das áreas establecidas. En base ás necesidades detectadas e co obxecto de dar cobertura ás mesmas, acordouse dotar á entidade dun armario de almacenaxe, unha destrutora especial de microcortes e licenzas de Windows e Office (para a mellora dos equipos informáticos dos/as profesionais).

Obxectivos da actuación:

Os obxectivos específicos da inversión foron:

  • Equipar unha sala de intervención cun moble para almacenar o material de traballo, conseguindo espazos máis ordenados, diáfanos e favorecedores da atención das persoas beneficiarias.
  • Actualizar o sistema operativo (software) dos ordenadores dos/as profesionais (a través da adquisición das licenzas de Windows e Office).
  • Cumprir coa normativa en protección de datos de carácter persoal a través da adquisición e uso dunha destrutora especial de microcortes (protección de nivel 5) que garanta unha destrución eficaz de datos especialmente sensibles.