A Deputación da Coruña ven de concellerde á FUNDACION DOWN COMPOSTELA unha hachea de 12.220 euros para financiar o programa de Desenvolvemento de competencias sociais e instrumentais.
Breve descrición da actuación:
A intervención para o desenvolvemento de competencias sociais e instrumentais materialízase en sesións de atención directa dos programas de logopedia, lectoescritura, razoamento cognitivo e autonomía impartidas por profesionais do equipo multidisciplinar da entidade.
As persoas beneficiarias deste proxecto residen en distintos concellos, a maioría próximos a Santiago de Compostela, así como no propio concello de Santiago; encóntranse en fase de escolarización nos seus centros educativos nas etapas de educación infantil, primaria, secundaria e formación profesional básica e asisten á entidade para recibir atención especializada adecuada ás súas necesidades, sempre con proxección á vida adulta independente e inclusiva.
Obxectivos da actuación
O obxectivo xeral é mellorar as competencias sociais e instrumentais mediante a adquisición de habilidades lingüísticas, de comunicación, en lectura e escritura, cognitivas e de autonomía en nenas/os e mozas/os coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual favorecendo a súa inclusión socio-educativa e a súa autonomía.